Intramuros apoia a Plataforma Cidadá Son de Tui na idea de que o seu proxecto é a resposta necesaria aos problemas que sufre o Casco Histórico de Tui dende hai moitos anos e que vimos denunciando no noso blog. Seguimos abertos ás propostas de todos, á vosa participación.



17/9/10

San Bartolomé (ii)

Os veciños de S. Bartolomé e mailos peregrinos no seu camiño - eses embaixadores da cidade-, atópanse con isto :





Son xa varios meses nos que a obra non adianta, detida e empantanada - non temos fotos en días de chuvia pero a cousa pode imaxinarse- que teñen acabado ca paciencia de moitos. 
As dificultades para camiñar pola zona xa provocaron algún accidente do que informaremos. Así cuidamos ós nosos veciños e ós embaixadores...

No hay comentarios:

Publicar un comentario