Intramuros apoia a Plataforma Cidadá Son de Tui na idea de que o seu proxecto é a resposta necesaria aos problemas que sufre o Casco Histórico de Tui dende hai moitos anos e que vimos denunciando no noso blog. Seguimos abertos ás propostas de todos, á vosa participación.



11/10/10

Xardíns e xardíns




Mirando cara atrás un percibe un respetuoso cuidado polos parques e xardíns, lugar de esparcimento e recreo para todas as idades, de conversacións e, por qué non?, tamén de amores. As flores, os setos e as súas formas, os estanques, as árbores, pérgolas, arriates, o cuidado do céspede... son materia prima para que o home faga do espazo natural outro no que vexa retratada a súa actividade simbólica, esteticista, domesticadora. É a creación dun espazo de transición entre a vida urbana e a natureza que, dalgún xeito vése esquencida polas formas duras e xeométricas da cidade.
Esa preocupación que resalta nas postais antigas, cheas de exuberancia vexetal e orde, non parece ser a que agora domina nas actuacións municipais nas zonas verdes -termo  moderno onde os haxa- caracterizadas por un traballo superficial de mantemento ou máis ben supervivencia, sen persoal adicado a creatividade e deseño necesarios para facer de estos espazos lugares que acollan beleza e fascinación.
Basta, como en outras ocasións temos feito, unha ollada ás atencións que os nosos veciños portugueses prestan a estas cuestións, para recoñecer, si quedaba algunha dúbida, de qué estamos a falar, como amosamos na comparación a carón destas liñas, con imaxes actuais de ValenÇa.



Xa sabemos que resulta para muitos inconcebible facer, por exemplo, do aparcamento traseiro da Área Panorámica un parque de verdade, dos que fixeron os nosos avós e os seus pais, e que a ficción dunha zona verde con aparcadoiro subterráneo planea nas testas dalgúns. Nós non falamos diso, non falamos de cemento e céspede, de xardiñeiras ou bancos coma os do crime da Corredoira, de
flores en maceta. Sobran exemplos de "parques" semellantes. Non.
 Gostaríamos dun cambio de sensibilidade que, ó menos de cando en vez, vira as oportunidades de facer un Tui tamén para os cidadáns, que son os nenos e nenas, avós, avoas e pais e nais que deberían disfrutar dela, aprender a querela e a convivir. E o exemplo citado parécenos unha que non se debería desaproveitar.
 Un cambio, en suma, no embelecemento respetuoso dos parques que nos deixaron e na procura de outros acordes co crecimento da poboación.


Así faise tamén unha cidade, paradóxicamente, sen cemento nen hormigón, sen esa visión de cor gris que non sabe valorar a importancia dunhas flores, nin recoñecer a forza da beleza nin se plantexou a máis mínima loita por obtela.









No hay comentarios:

Publicar un comentario