Intramuros apoia a Plataforma Cidadá Son de Tui na idea de que o seu proxecto é a resposta necesaria aos problemas que sufre o Casco Histórico de Tui dende hai moitos anos e que vimos denunciando no noso blog. Seguimos abertos ás propostas de todos, á vosa participación.



13/11/10

Un comentario do PXOM

Salientamos unhas palabras na memoria xustificativa do PXOM, T. I, páx. 13, no epígrafe adicado á analise do planeamento vixente, que deberían terse moi en conta, e non quedar en mera retórica:

" É necesario sinalar como un aspecto moi negativo no desenvolvemento do Plan Xeral, o feito de que non se aprobara e desenvolvera o Plan Especial do Casco Histórico. A rehabilitación e posta en valor do mesmo constitúe un factor esencial para o desenrolo equilibrado do municipio. As especiais características do mesmo, cun valor histórico tan relevante, debe constituír de por si un motor no desenvolvemento do municipio. "

No hay comentarios:

Publicar un comentario