Intramuros apoia a Plataforma Cidadá Son de Tui na idea de que o seu proxecto é a resposta necesaria aos problemas que sufre o Casco Histórico de Tui dende hai moitos anos e que vimos denunciando no noso blog. Seguimos abertos ás propostas de todos, á vosa participación.



2/4/11

Imaxes

Tres imaxes que, dalgún xeito, simbolizan a deixadez que, a pesar dos parches e improvisacións preelectorales, das ansias de renovación como frase que marcará a campaña -ese gatopardismo tan manido-, están ahí para recordarnos día a día cómo se trata a cidade histórica. Non son feitos anecdóticos, son a constante manifestación de que, deixado de lado, o casco languidece á espera dunha nova sensibilidade, un afecto alonxado de formigoneras, cementos e baldosíns.




No hay comentarios:

Publicar un comentario