Intramuros apoia a Plataforma Cidadá Son de Tui na idea de que o seu proxecto é a resposta necesaria aos problemas que sufre o Casco Histórico de Tui dende hai moitos anos e que vimos denunciando no noso blog. Seguimos abertos ás propostas de todos, á vosa participación.



19/5/11

Cuestionario

Aquí temos os resultados do cuestionario que propuxemos fai arredor de un mes aos diferentes partidos que se presentan nestas inminentes eleccións, coa excepción do PNG que naqueles días, aínda non tiña presentada a súa candidatura.

Agradecemos aos tres partidos que tiveron a ben participar (AT, BNG, Converxencia XXI) o seu traballo en respostar ás 17 cuestións plantexadas, pois sabemos que nin lles sobraba tempo nesta intensa campaña, nen por tal quixeron deixar de compartir con todos nós as súas ideas, buscando ocos nas axendas onde non os había.

2 comentarios:

  1. Só quixera precisar algunhas cousas do que leín. En primeiro lugar ningún dos tres entendeu exactamente de que ía a pregunta sobre artellar as prazas no sistema viario (rúas). Simplemente, de primeiras é a eliminación dos aparcamentos, xa que as mesmas son pequenas e fican devaluadas por este motivo. O segundo que nos atopamos con varias prazas (en concreto a Do Arco e a de Frómista), que non se integran no espazo, ao separarse do viario mediante barreiras, e isto hai que solucionalo (os redactores do Plan do 97 pensaran en modificar tal e como están agora). É curioso como CXXI require a autorización da Comisión Provincial de Patrimonio, organismo que xa non existe.
    Tamén resulta curiosa as propostas de aparcamento. AT concretiza, é moi positivo e interesante. O BNG é máis prudente e fala de aparcamentos disuasorios nos arredores da Cidade Histórica. E CXXI propón o aparcamento baixo as hortas das Monxas Encerradas. Esta é unha proposta inviable, xa feita por J.A. Quiroga no ano 1995. Son dúas as razóns, a Dirección Xeral do Patrimonio non o autorizaría, furar a muralla medieval (reconstruida no século XIX iso si) e varrer con todo achadego arqueolóxico na zona máis importante da cidade é unha temeridade ademais, hai que ter en conta o custo de tal obra (complexa seguro). O segundo motivo provén que si queremos todo aquilo do Patrimonio Mundial, a UNESCO e o ICOMOS rexeitan ese tipo de solución de aparcamento, senón que llo pregunten á Valença que quixo facer unha cousa semellante e o ICOMOS llo desaconsellou si quería seguir os pasos para a declaración como Patrimonio Mundial (e non o fixeron e iso que contaban cun señor de garantías como Souto Moura).

    ResponderEliminar
  2. María Fernández - Alternativa Tudense21 de mayo de 2011, 12:16

    Somos da tua opinión en canto as prazas, a de Frómista tiña que voltar a ser como era antes, integrada na rúa e sin o muro (feito fai algúns anos) que a separa.

    ResponderEliminar