Intramuros apoia a Plataforma Cidadá Son de Tui na idea de que o seu proxecto é a resposta necesaria aos problemas que sufre o Casco Histórico de Tui dende hai moitos anos e que vimos denunciando no noso blog. Seguimos abertos ás propostas de todos, á vosa participación.



29/8/11

Información ao cidadán

Palabras de saúda do noso alcalde na web do concello:

Nesta páxina web do Concello de Tui á que como Alcalde de Tui dóullela benvida agardamos que os cidadáns tudenses atopen unha eficaz ferramenta na súa relación co Concello e unha axeitada canle de participación e acceso aos servizos municipais. Estou certo que deste xeito contribuímos á democratización e ao fomento da participación cidadá na vida municipal.


E agora a realidade. Nin temos actas de Plenos, que subimos TRP ou nós cando nolas remite Capón, nin informacións da importancia dos Bandos, que temos que consultar se hai sorte por algures, como é o caso do último, en infominho, nin a económica axenda cultural atópase onde e como debería, nin se poden consultar todas as ordenanzas, nin se retiran enlaces que xa non teñen actividade (Blog Educando en Tui), nin se rediseña, nin se actualiza a información para os visitantes (A noite en Tui), nin se aporta información sobre obras ou proxectos que poderían ser de interese para todos, nin se inclúe unha sección para comunicarse directamente con concelleiros ou alcalde (véxase un exemplo entre outros), nin se actualizan e destacan as actividades culturais da semán ou día, nin aparece nada na pestaña de Xuntas de Goberno, nin o deseño e contidos para información dos visitantes atópase a altura que require, no século XXI, a promoción turística, nin moitos outros nins.


Descoñecemos o custo do mantemento, nunca mellor dito -nada cambia-, da páxina web pero dende aquí ofrecemos os nosos servizos pola metade de prezo e matamos dous paxaros dun tiro: non tiramos cos cartos neste tempo de estreiteces e facemos certas as palabras do alcalde.

1 comentario: