Intramuros apoia a Plataforma Cidadá Son de Tui na idea de que o seu proxecto é a resposta necesaria aos problemas que sufre o Casco Histórico de Tui dende hai moitos anos e que vimos denunciando no noso blog. Seguimos abertos ás propostas de todos, á vosa participación.



30/9/11

Fonte

Xa temos, en previsión dun outono soleado, fonte no paseo fluvial. Nese oco que resplandeceu todo o verán e a primaveira, agora loce, maxestuosa e verde, mesmo monárquica na súa exuberante decoración, coma un laureiro disposto a refrescar estes tempos de secano e cambio tamén climático.

No hay comentarios:

Publicar un comentario