Intramuros apoia a Plataforma Cidadá Son de Tui na idea de que o seu proxecto é a resposta necesaria aos problemas que sufre o Casco Histórico de Tui dende hai moitos anos e que vimos denunciando no noso blog. Seguimos abertos ás propostas de todos, á vosa participación.



29/3/12

Folga xeral

 
 
Nós apoiamos a folga xeral.
 
O novo escravismo do século XXI non pode xustificarse como solución aos problemas económicos e sociais que xurden dunha casta todopoderosa que coa máscara da democracia agocha o rostro cruel da codicia e o egoísmo.
 
Porque a servidume nunca é unha porta de saída senón unha ratoeira, hoxe queremos dicir alto a nosa rabia. Polo perdido. Polo porvir.
 
Sen desesperanza.
 
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario