Intramuros apoia a Plataforma Cidadá Son de Tui na idea de que o seu proxecto é a resposta necesaria aos problemas que sufre o Casco Histórico de Tui dende hai moitos anos e que vimos denunciando no noso blog. Seguimos abertos ás propostas de todos, á vosa participación.



30/4/12

Máis de 200 firmas



Resulta moi gratificante facervos saber do éxito na recollida de firmas para modificar a Ordenanza de posesión e custodia de animais domésticos elaborada, é un dicir, polo departamento dirixido polo concellal de Seguridad Ciudadana, Protección Civil, Tráfico y Medio Ambiente , D. Ángel Gutiérrez.
 Hai presentados, ata o momento, no concello máis de dous centenares de escritos de alegacións cos que non se pretende outra cousa que a volta ao sentido común.


Só queda confiar en que tamén participen del  quenes teñen a responsabilidade de escoitar a cidadanía e sopesar as súas consideracións. Estaremos pendentes, unha vez máis, da súa sensibilidade democrática, humana e mesmo canina. 


Gracias a todas e todos polo apoio entusiasta e polo exemplo de cidadanía e humanidade !!!!

2 comentarios:

  1. Gracias a vosotros por haber tenido la iniciativa de realizar las alegaciones y por facilitarnoslas al resto de los ciudadanos, que decidimos unirmos a vosotros en la lucha por hacer esta ordenanza algo mas justa y a su vez ayudar a mejorar la convivencia entre todos los que aquí residimos.

    ResponderEliminar